O aplicativo Fantasdic é un aplicativo de diccionario que permite buscar palabras dende moitas e diversas fontes. Destinado principalmente ao escritorio de GNOME, pero tamén pode traballar en outras plataformas, incluso en Windows. Fantasdic é software libre e programado na linguaxe de programación Ruby.
A principal vantaxa que presenta é o sistema de complementos, o que permite de forma sinxela extender o programa para que poida “consumir” datos dende as fontes que desexemos. O único necesario é programar o complemento axeitado.
Podedes obter a tradución ao galego dende: http://l10n.gnome.org/vertimus/fantasdic/master/po/gl
Aquí explicarei como instalar os dous complementos que programei para estender o aplicativo e así permitir que poida consumir datos dende http://open-tran.eu e máis do Corpus de Mancomun (www.mancomun.org).
Instalación de plugins
Iniciar unha vez o fantasdic para que cree o cartafol de configuración do usuario e pechalo. Copiar os seguintes ficheiros .rb no cartafol ~/.fantasdic/sources.
- corpus_mancomun.rb – Complemento para consulta do corpus de corpus.mancomun.org
- open_tran.rb – Complemento para consulta de Open-Tran.eu
Iniciar o Fantasdic.
Configuración da orixe
Ir ao menú Editar->Preferencias.
Pulsar no botón Engadir no separador Dicionarios.
Abrese un diálogo para meter unha orixe. Seleccionamos en orixe o “Corpus Mancomun” e inserimos un nome para poder diferencialo do resto (p.ex. “Manc. en->gl”),
Vamos á lapela “Bases de datos”, e activamos a que queremos (seleccionamos unha e damoslle ao botón Baixar).
Xa esta!
Consultas
Agora para facer consultas seleccionamos no despregábel da dereita a orixe que queiramos e inserimos o termo a buscar.

Slides of our last lecture at the University of Coruña
Slides from a lecture at the University of A Coruña on what the Galician open-source community is building and how to get involved.
GNOME Launch Party en Galiza, España
Como foi a Festa de Lanzamento de GNOME 3 en Galicia, organizada por Ghandalf con Gpul e Trasno, e quen estivo detrás.
Feelings at Guadec-ES 7 (A Coruña)
Notes from GUADEC-ES 7 in A Coruña, my first GNOME-focused conference, and what meeting the people behind the project in person changed.